O PBBI propón que as accións coercitivas dos concelleiros supoña a súa dimisión

19 Novembro 2019

O grupo municipal do PBBI presenta ao pleno de Ribeira unha moción sobre as consecuencias das accións dos edís que coarten a liberdade dun compañeiro da corporación.

Segundo expón a formación, producíronse uns feitos que cualifican de “lamentables e reprochables” facendo referencia a que algúns membros da corporación municipal “demostraron un absoluto descoñecemento do que é e significa o debate democrático, así como a crítica política.” Engade que se acabaron sacando á rúa asuntos relacionados con temas abordados en sesión plenaria provocando, tal e como manifesta, situacións que “poden ser consideradas como faltas de respecto e, incluso, con tintes intimidatorios.”

Así mesmo, o PBBI indica que o Concello ribeirense debería articular as medidas oportunas para que, “en caso de que haxa algún concelleiro que non respecte os principios básicos dun código ético polo que debemos rexernos principalmente como persoas”, constitúa o respecto aos demais un principio básico polo que se goberne, “e que ningún dos membros desta corporación municipal vexa coartada a súa liberdade por parte doutros edís tanto dentro coma fóra do salón nobre do consistorio.” O partido liderado por Vicente Mariño de Bricio precisa que o obxectivo que impere será que “a confrontación dialéctica que poida haber entre concelleiros quede no salón de sesións como parte do referido democrático.”

Por todo isto, o PBBI insta ao pleno a solicitar ao Concello de Ribeira que calquera acción dun edil que “coarte a liberdade dun compañeiro da corporación municipal, independentemente do partido político de que se trate e que incluso se poida ver ou sentir incómodo”, supoña a dimisión inmediata do concelleiro causante desa situación.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.