A Marea de Noia acusa ao Concello de “gastar 7.260€ nunha aplicación móbil sen utilidade”

16 Decembro 2022

A Marea Cidadá de Noia, durante as labores de fiscalización ao Goberno municipal, fíxose eco de dúas facturas que alcanzan os 7.260€ dunha aplicación móbil que, segundo sostén a agrupación, “carece de utilidade para a veciñanza” e, de feito, “só tiña a día 16/12/2022 dez descargas, das que cinco son integrantes da Marea de Noia”.

Segundo engaden, esta aplicación “simplemente publica o mesmo que a rede social Facebook propiedade do Concello de Noia” e “ademais leva en funcionamento dende o 25 de marzo do ano 202, sen que nin sequera sexa publicitada polo Goberno local”.

Dende a Marea indican que “pedimos varios orzamentos sobre unha ferramenta móbil de prestación similares a empresas do sector e o maior dos orzamentos non chega a 2.000€”.

A Marea anunciou que solicitará á intervención municipal que “exerza o control sobre esas facturas, xa que consideran que o gasto está por riba do valor de mercado”. Indican tamén que “as actualizacións son copias e pegas da información que escribe o persoal de confianza da alcaldía nas redes sociais”.

Outros artigos

ButacaZero inicia en Muros a xira galega de “A velada de Londres”

A velada de Londres, a nova produción da plataforma creativa ButacaZero, inicia esta fin de semana a súa xira por auditorios e salas de Galicia. Muros, As Pontes, Vigo, Foz, Noia e Cee serán as escalas dunha montaxe que rende tributo á figura e legado do dramaturgo,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.