Vai de Peixe reivindica os produtos do mar nas principais cidades galegas, incluída Ribeira

19 Novembro 2019

A Consellería do Mar fixo arrancar hoxe (e nunca mellor dito) a campaña Vai de peixe, que consiste nun tráiler informativo que percorrerá diferentes localidades da nosa terra para promover o consumo dos produtos e do mar e a acuicultura entre os integrantes da chamada xeración millenial. Ou sexa, e para entendérmonos, o que a día de hoxe se coñece como xente nova. O tráiler comezou onte a súa andaina no Campus Sur de Santiago e seguirá os días vindeiros poñendo o foco nos lugares onde máis estudantes se concentren. O vehículo da campaña ofrece información sobre a mesma e demostracións de cociña nos que se mostran diferentes formas de preparar o peixe e o marisco.

Durante os vindeiros días, logo do seu paso polo Campus Sur de Santiago e a recalada no Campus de Pontevedra (este martes 19), o tráiler fará paradas no Campus de Vigo (este 20 de novembro), no paseo central do parque da Alameda de Santiago (21/11), na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira (o día 22, acompañándose da presentación oficial da campaña Vai de peixe), na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña (coa participación da atleta ribeirense Ana Peleteiro, o día 25), no Campus de Elviña da UDC (o día 26), no Campus de Ferrol (o día 27), no Campus de Lugo (o día 28) e no Campus de Ourense (o día 29).

Presentación da campaña

A Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira acollerá este venres 22 de novembro ás 13:00 horas a presentación da campaña Vai de peixe. O acto tamén contará coa participación da atleta ribeirense Ana Peleteiro.

Que é Vai de peixe?

En palabras da Consellería do Mar é unha campaña pioneira en España destinada especificamente a impulsar o consumo dos produtos do mar e da acuicultura na franxa de idade entre os 18 e os 35 anos (a chamada xeración millennial). A iniciativa é unha estratexia baseada na promoción con formato de mobilidade (as citas nos principais emprazamentos estudantís da nosa terra) combinada cunha marcada vertente dixital a través da web https://vaidepeixe.xunta.gal/ e redes sociais (Instagram e canle de Youtube). Vai de peixe busca fomentar hábitos de alimentación saudábel e promover un consumo frecuente de peixe e marisco nesta franxa de idade, “para concienciar da importancia dunha nutrición equilibrada”. Durante o curso académico 2019 – 2020, a iniciativa abranguerá unha serie de accións destinadas á difusión de información dos produtos pesqueiros, así como de receitas sinxelas e adaptadas ao estilo de vida millennial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.