A EDAR de Couso (Ribeira) recibe a visita dunha delegación turca interesada pola súa xestión

16 Decembro 2022

Unha delegación procedente da cidade turca de Yüksekova visitou a primeira hora da mañá deste venres 16 de decembro a EDAR de Couso, froito do interese das autoridades locais por tomar o exemplo desta infraestrutura para a construción dunha depuradora de augas residuais na súa localidade, proxecto que está financiado con fondos europeos no obxectivo de alcanzar as esixencias en materia ambiental das directivas comunitarias.

A comitiva, que foi recibida polo alcalde Manuel Ruiz e por membros da empresa FACSA que se encarga da xestión da instalación, estivo formada por unha decena de persoas entre representantes da municipalidade de Yüksekova, do equipo de implantación do proxecto, do Ministerio de Medio Ambiente turco e da Unión Europea. Estiveron acompañados por técnicos de Applus, empresa que, en colaboración de Planet Turkey, está a prestar asistencia técnica para a implantación do proxecto, deseñado para unha poboación de 70.000 habitantes e cun caudal medio de 15.500 m³/día.

Un dos membros de Applus, Ángel Castro, explicou que se seleccionou de entre toda a España a depuradora de Ribeira polas similares características ás que se está a construír na localidade turca.

Neste senso, a liña de tratamento prevé un sistema de aireación prolongada con reactores de tipo carrusel, con decantación secundaria e sen dixestión de lodos: prestacións moi similares á que posúe a planta ribeirense, que é, en palabras do Concello, “unha das máis modernas de cantas se teñen construído en Galicia nos últimos anos”.

O alcalde Manuel Ruiz mostrou súa satisfacción por que esta planta “sexa hoxe en día un modelo a seguir” e que “se mostre a outras cidades interesadas en facer unha depuración eficiente”. Tamén recordou que o municipio conta con outras infraestruturas que son “referente a nivel internacional” como é o caso da Lonxa do porto de Ribeira.

No nome da municipalidade de Yüksejova, o seu tenente de alcalde Fevzi Yıldırım agradeceu as atención recibidas e se abriu a ampliar os lazos de colaboración a outros ámbitos.

Cunha poboación de 68.200 habitantes e incardinada nun distrito de 115.000, Yüksekova é unha cidade situada na fronteira con Irán na provincia de Hakkari.

Outros artigos

Ribeira presenta o programa de conciliación para o verán 2024

Concello O segundo tenente de alcalde Vicente Mariño e a concelleira Tania Redondo presentaron hoxe o programa de conciliación Días Sen Cole de cara ao verán deste ano 2024.A área de Servizos Sociais Comunitarios impulsa os campamentos de conciliación durante as...

+

O Concello recoñece os logros do Natural Sport de Ribeira

O Concello de Ribeira organizou este martes 21 de maio un acto de benvida e recoñecemento ao Club Natural Sport, co obxectivo de distinguir aos seus destacados logros nos campionatos galegos de 2024. A cita tivo lugar no salón de plenos do Concello, onde estaban...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Toda la noche remando…”. José Castro López

“Toda la noche remando…”. José Castro López

Es difícil saber si la derrota de los partidos independentistas catalanes generó en susdirigentes, además de decepción, más frustración que reflexión, pero ese veredicto delas urnas evoca el dicho popular “toda la noche remando para morir en la orilla”.Después de...