Escolares da Pobra coñecerán o Papá Noel

16 Decembro 2022

Papá Noel, antes dos días de máxima actividade de reparto de agasallos, visitará A Pobra do Caramiñal para coñecer as crianzas do CEP Salustiano Rey Eiras, do CEP Pilar Maestú Sierra, da E.E.I. Fernández Varela, do Monte Carmelo e das unitarias do Vilariño, A Granxa e A Angustia. Preto de 500 escolares dos referidos centros educativos da Infantil e da Primaria achegaranse ata o Teatro Cine Elma do día 19 ao 21 de decembro, en distintas quendas, para lle trasladaren en persoa todo aquilo que plasmaron nas súas cartas.

Haberá tamén sesión de contacontos e sacarase unha foto conxunta por grupo que se lles entregará como obsequio aos centros para o recordo.

Esta actividade enmárcase na programación deseñada para estas datas dende a Concellaría da Promoción Económica, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.