“Imos contar mentiras, trailará!”. Antón Luaces

14 Decembro 2022

O pasado día 11 de decembro, o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, antes do comezo en Bruxelas do Consello de Ministros de Agricultura e Pesca da UE, afirmaba -referíndose aos temas que se abordarían no decurso da xuntanza- que España defendería nesta “un acordo pesqueiro equilibrado para manter a rendabilidade da frota e a preservación dos recursos”. Tamén proporá incrementos de cotas en pescada sur, abadexo e xurelo”.

E foi directo à diana: atinou de tal xeito, que fai pensar cos ministros -ou ao menos Luis Planas- coñecen, previamente á celebración do Consello, o que este vai acordar. E os galegos xa sabemos tamén que a redución da pesqueira do xurelo en augas do Cantábrico e Gran Sol para o ano 2023,  terá un impacto negativo de preto de 30 millóns de euros na economía desta comunidade autónoma, cousa que supostamente Planas non sabía porque, de non ser así, non falaría de “manter a rendabilidade da frota”, conseguida -polo que parece- pola “preservación dos recursos”. Esta preservación só se acada reducindo as capturas ou eliminando estas. Que eu saiba.

E unha outra cousa que incide na crenza, ben que xustificada, da connivencia entre a Comisión de Pesca da UE e determinadas organizacións ecoloxistas: Oceana publicou este mércores un informe que describe a situación das poboacións pesqueiras máis problemáticas do Atlántico nororiental. O informe destaca 25 poboacións de peixes pertencentes a 12 especies que se distribúen no mar de Barents e as augas ibéricas pasando polo mar Báltico e o oeste de Escocia. Todas estas poboacións viron  reducida a súa abundancia de xeito tan alarmante, asegura Oceana, que a súa capacidade reprodutora tamén se veu mermada, deixándoas ao bordo do colapso. Especies coma o arenque, o boquerón, a cigala, o xurelo ou a sardiña presentan  ao menos unha das súas poboacións nese estado crítico de conservación. Pero o caso máis grave é o do bacallao (o maior número en toda a rexión), que rexistra unhas poboacións decimadas.

A maioría desas 25 poboacións de peixes máis decimadas

ás que se refire o informe de Oceana captúranse de cote xunto con outras especies en pesqueiras mixtas. A xestión destas pesqueiras diríxense a priorizar as poboacións máis produtivas, o que se traduce en capturas accesorias das poboacións máis vulnerables por riba de niveis  que permitan a súa explotación sustentable. A isto engade Oceana a existenza de indicios de prácticas ilegais de descartes, malia a obriga de conservar a bordo e descartar da cota todas as capturas.

Todo isto evidencia unha mortalidade real de poboacións decimadas que se sitúa moi por riba de recomendacións científicas para a súa recuperación. O Consello Internacional para a Exploraciónn do Mar (ICES) recomenda reducir ou suspender totalmente as súas capturas.

A este cronista chéiralle mal o asunto da coincidencia entre o acordado polo Consello de Ministros e o ditame de Oceana.

Será que pensó mal. Pode ser.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.