Os colexios de Artes e Frións trasladaron as súas demandas a Manuel Ruiz e Indalecio Cabana

19 Novembro 2019

O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, e o delegado territorial de Educación da Xunta na provincia da Coruña, Indalecio Cabana, mantiveron no transcurso desta mañá sendas reunións con representantes dos colexios de Artes e Frións co obxectivo de escoitar as súas demandas en canto a melloras nas instalacións.

Así, no que respecta ao centro de educación situado na parroquia de Artes, tales peticións pasan por mellorar a envolvente térmica nas fiestras do inmoble e tamén pola dotación de chan de tarima a unha parte do recinto escolar, dúas cuestións que tanto desde o Concello coma desde Educación a súa execución se considera factible.

En canto ao colexio de Frións, unha das necesidades postas enriba da mesa foi a ampliación do comedor, para a cal existen diversas alternativas, consistindo unha delas en gañar espazo cara ao ximnasio.

Ademais, están en marcha outras melloras en centros educativos do municipio coma son as obras de rehabilitación enerxética do CEIP Plurilingüe de Palmeira, para o cal a Xunta vén de solicitar ao Concello ribeirense licenza de obras e cuxo orzamento ascende ao redor de 634.000 euros.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.