A Xunta tacha de “mal acordo” a repartición de pesca da UE

13 Decembro 2022

Rosa Quintana, conselleira de Pesca, valorou o acordo no informativo Bos días da Televisión de Galicia como “negociación claramente negativa”. Manifestou que ían a Bruxelas con dous temas en carteira: evitar o peche do xurelo do Cantábrico e evitar o peche de extracción da anguía.

Finalmente, no caso do xurelo do Cantábrico, o que se conseguiu, segundo Quintana, foron 3.000 toneladas de pesca accesoria, algo que dificulta a actividade do segmento do cerco. No caso da anguía pasouse a unha veda de seis meses, tres fixos e outro tres que elixirán os estados membro.

En canto as posibilidades de pesca para o 2023, Quintana destacou que se incrementaron nun 20 %. Na parte positiva está o aumento de pesca sobe a da pescada do sur, peixe sapo e rapante. Mantivéronse as capturas para o abadexo e o linguado.

“No caso do xurelo do Cantábrico e de Gran Sol, fronte a esa proposta de peche da pesqueira, estableceuse un TAC de 15.000 toneladas (3.000 para España), o que supón un recorte do 80 % en relación con 2022″, sostén.

Ademais, esa cota queda, ao seu entender, “condicionada” á pesca accesoria, “o que pode impedir a súa captura pola frota de cerco, e sen flexibilidades interanuais nas posibilidades de captura nin aumentos nos intercambios entre as zonas norte e sur”.

No caso da anguía, que na actualidade contaba cunha veda de tres meses, agora establécense dúas vedas trimestrais, unha obrigatoria entre novembro de 2023 e xaneiro de 2024, e outra a elixir entre os meses de marzo e setembro de 2024. No caso do meixón, tamén contará con dúas vedas trimestrais para velar polo estado do recurso.

O balance global dos TAC e cotas para 2023 supón un aumento das posibilidades de pesca do 25 %, pero baseado fundamentalmente na proposta inicial realizada polos científicos do Consello Internacional para a Exploración do Mar e que foi asumida pola Comisión Europea, indícase desde a Consellería do Mar.

Destaca o incremento da pescada en augas ibéricas -que duplica a cota de 2022- unha vez corrixido o erro que tiñan os científicos no modelo matemático de avaliación do seu estado e que supuxo nos últimos anos recortes nas posibilidades de pesca desta especie.

Entre os incrementos tamén figuran a mellora do 12 % no rape e do 33 % no galo de augas ibéricas así como o aumento do 15 % no xurelo da zona sur, entre Fisterra e o golfo de Cádiz. A maiores, o acordo permitiu manter as cotas de captura do linguado e do abadexo en augas do Cantábrico, para os que inicialmente se propoñía un recorte do 10 %.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

La transición y Carmen Díaz de Rivera. 84 años de su nacimiento y 27 que nos dejo. Antes de hablar de la importancia de Carmen en relación a la transición, permítaseme, comenzar por el principio. Carmen tenía 17 años, quería oficializar su relación de noviazgo, con...