A Deputación lidera as axudas ao deporte base na provincia da Coruña

13 Decembro 2022

O deporte e a Deputación non só comparten un parecido léxico. A institución provincial ten un área específica dende a que, dun xeito poliédrico, desenvolve unha cobertura total na parcela deportiva en toda a provincia, ben a través de bolsas para as grandes promesas, coa organización de eventos multitudinarios, ou cunha clara aposta polo deporte base, un dos piares para o ente provincial xa que inclúe unha faceta social moi importante en idades temperás.

Para o exercicio do 2023, o orzamento provincial reserva algo máis de 5,5 millóns de euros na área de deportes, que dirixe a deputada Cristina Capelán. Hai partidas moi voluminosas dende o punto de vista orzamentario, pero tamén hai outras máis modestas que son igual ou máis importantes polo seu valor de xerme que dan un pulo crucial para os deportistas. É o caso das bolsas de axuda para profesionais ou principiantes que destacan en disciplinas moi diversas. No vindeiro exercicio, a Deputación da Coruña repartirá 160.000 euros entre 45 deportistas, que recibirán así unha bolsa de 3.500 euros cada un. Figuras con medalla olímpica como o piragüista Carlos Arévalo ou a saltadora Ana Peleteiro son dous dos moitos casos brillantes que recibiron (e reciben) a axuda provincial nos duros comezos.

Se as bolsas son a nivel individual, a Deputación tamén axuda a clubs e entidades sen ánimo de lucro para os seus proxectos de promoción e fomento do deporte. O investimento neste apartado é de 3.375.000 euros. Neste ano que está a piques de rematar, 624 entidades recibiron a súa correspondente axuda, 64 máis que o ano anterior.

Por outra banda, a entidade provincial que preside Valentín González Formoso está envorcada na promoción de deportes náuticos, campamentos de verán ou deportes de inverno, tres programas nos que acoden unha media anual algo superior a 1.300 mozos. Tamén organiza a copa de fútbol alevín con 360 nenos, traíñas (200 persoas, ademais de patrocinar unha das probas do calendario galego absoluto), carreiras populares en 30 municipios, e tamén apoia os grandes referentes deportivos da provincia para os seus proxectos de deporte base como son o Deportivo, o Racing de Ferrol, o Obradoiro e o Básket Coruña. Tamén está detrás da celebración de probas ciclistas modestas ou outras apoiadas pola Unión Ciclista Internacional (UCI) como o Gran Fondo Ézaro, a dura subida a este enclave paisaxístico da Costa da Morte. A maiores, a área de deportes, un plan social de defensa persoal para mulleres, con máis de 400 participantes.

Ana Peleteiro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...