Manuel Ruiz pide que non se estigmatice á afección do “Cidade de Ribeira”

12 Decembro 2022

O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, emitiu este luns 12 de decembro un comunicado no que pide respecto para a afección do Cidade de Ribeira Club de Fútbol a raíz do que considera un “trato inxusto” recibido na tarde deste domingo na visita do equipo local ao campo de fútbol do Vista Alegre en Santiago.

Alí, fixo saber, “para unha trintena de persoas congregadas (a metade delas, mulleres; e o resto, homes e nenos) había cinco furgóns policiais, sometendo a varios dos seareiros do equipo ribeirense a cacheos e a controis de drogas e alcoholemia (a algún non se lle permitiu acceder ao campo por dar 0,10 mg/l en aire expirado), illándoos unha vez dentro da instalación”.

A afección do Ribeira este domingo, coa cinta policial de arredor

O alcalde considera que “esta actuación foi desmedida” e así llelo trasladou tanto ao presidente da Federación Galega de Fútbol como ao comisario da Policía Nacional de Ribeira e ao concelleiro delegado de Seguridade de Santiago.

Manuel Ruiz manifestou que “non se pode consentir que polo feito de que algunha persoa teña ocasionado problemas nalgún campo (que ademais está perfectamente identificada con nomes e apelidos), se vaia estigmatizar agora a toda unha afección que sempre foi modélica e exemplar”.

E concluíu: “A ninguén lle gusta sentirse enxaulado nun campo de fútbol cando vai ver ao seu marido, ao seu fillo ou simplemente ao seu equipo favorito a ver un partido”.

Os seareiros do Cidade de Ribeira este domingo en Santiago

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.