Unha disputa entre Portos e Concello deixa desamparado ao Club de Remo da Pobra do Caramiñal

08 Decembro 2022
A entidade deportiva denuncia que a falta de entendemento supón que vaian ter que pagar o alugueiro por unhas instalacións cedidas polas administracións

O Club de Remo da Pobra do Caramiñal denunciou o conflito entre o goberno local e Portos de Galicia. A directiva reclama o uso dunha das naves baleiras no porto para poder dar servizos aos remeiros do club.

O problema comezou fai uns tres anos, durante a expansión en membros do conxunto, o que obrigou a buscar espazos alternativos nos que adestrar. “Cando queriamos empezar a tempada encontrámonos que tíñamos unha chea de rapaces e nesa data [2019] nas instalacións que tingamos e temas eran completamente insuficientes para poder dar un mínimo de calidade aos entrenamentos en terra de todos vos cativos”, sinalou o presidente da xunta directiva, Antonio do Carmo, en rolda de prensa.

Nun principio, fixeron a petición de usar a nave sen ocupar no porto da Pobra tanto a Portos como ao Concello e ambos decidiron poñela á disposición do club, pero máis de dous anos despois aínda non hai un convenio que formalice o acordo. Os remeiros comezaron a usar esas instalacións pero desde entón Portos mandou recibos requirindo o alugueiro, a pesar do acordo previo coa administración local. “Cun aluguer que lle estaban a pasar a empresa que estaba antes alí. En ningún momento, ou Club de Remo firmou ningún contrato nin nada con Portos e non concello nos din que tampouco”.

O club é unha das entidades deportivas máis lonxevas do municipio coruñés, cunha fundación que se remonta ao ano 1979. Dá servizo a uns 150 remeiros e remeiras en categorías de alevín e cadete desde os 9 anos de idade, ademais aos deportistas federados que compiten nas ligas galegas. As instalacións no porto antigo da vila, son duns 700 metros cadrados repartidos en dúas plantas, menos da metade que os seus homólogos e veciños, o Club de remo de Cabo de Cruz, cuxas novas instalacións chegan aos 1.800 en superficie.

“Entendemos que o principal culpable é o Concello”
No seu momento, cando comezaron a recibir os requirimentos de renda, o conxunto deportivo remitiu a situación ao Concello xa que, ao recibilos a través de Atriga, se os pagaban eles mesmos podíase dificultar ou impedir o acceso a axudas públicas, o sustento económico principal do club. “Temos aprobada a ampliación desta nave e ou Concello encontráse con que agora Portos de Galicia dei agora, despois de ter feito dúas ampliacións, hai un problema”, sinalou o presidente.

Coa denuncia esperan chamar a atención do goberno local. “Damos un ultimato ó Concello que é ou que ten que dar ou primeiro paso”, sentenciou Do Carmo. “Nós non estamos dispostos a pelexar con eles. Se nos queren botar a fóra que nos boten”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.