O programa Boiro Co-Educa continúa formando en igualdade

18 Novembro 2019

A semana pasada realizáronse os últimos talleres formativos destinados ao alumnado e profesorado dos centros educativos de Boiro que se estaban levando a cabo no marco do programa Boiro Co-Educa: igualdade contra as violencias machistas. Esta iniciativa continúa actualmente coa realización de dúas actividades complementarias ás formacións presencias co obxectivo de involucrar ao conxunto da comunidade educativa.

Ata o de agora, desenvolveuse un traballo simultáneo co profesorado e alumnado nos CEIP de Abanqueiro, Cespón, Escarabote, Praia Xardín, Santa Baia e Santa María do Castro para levar a cabo unhas actividades cuxo propósito radica no impulso dun proceso de reflexión conxunta que facilitase unha reformulación igualitaria da docencia que parta dos propios centros educativos.

En total realizáronse 18 talleres destinados á rapazada de 5º e 6º de primaria, centrándose na promoción da igualdade, a transversalización da perspectiva de xénero e as prácticas co-educativas nos centros. O traballo vivencial articulado nestes obradoiros permitiu abordar, analizar e interiorizar por parte do alumnado tanto o impacto dos estereotipos de xénero na vida das persoas coma a relevancia de identificar, comunicar e respectar os límites persoais propios e os dos demais, así como a identificación e o rexeitamento de conductas violentas vinculadas ás violencias machistas.

O programa prosegue ao longo das vindeiras semanas con dúas actividades coas que se pretende superar o muro das escolas e trasladar o proceso de reflexión e transformación co-educativo ás familias. Unha delas, Lecturas pola Igualdade, pretende incentivar a reflexión e o debate nas familias sobre as limitacións que supoñen os estereotipos de xénero. A segunda delas, Debuxos contra a violencia, ten como obxectivo fomentar que o propio alumnado se transforme en axente de cambio no seu centro educativo.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.