A segunda finde de decembro en Rianxo vén cun Rianclown de acendido de luces de Nadal, teatro, música coral e festas en Araño

07 Decembro 2022

A Área de Cultura do Concello de Rianxo compartiu a súa axenda para esta segunda fin de semana de decembro, un programa no que teñen cabida actividades organizadas polo Concello e tamén polas entidades culturais con presenza na comarca. Será un antesala da axenda de Nadal, que promete ser completa e diversa.

Haberá teatro (Os nenos da varíola de Pérez & Fernández), festas en Araño (Festas de Santa Baia), eventos de humor e diversión (Rianclown) e música coral.

Venres 9 de decembro

  • 21.00 h – Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Teatro, Os nenos da varíola de Pérez & Fernández. Máis información.

Sábado 10 de decembro

  • Festa de Santa Baia no Araño. Máis información
  • A partir das 12.30 – Praza de Castelao. Acendido de Nadal, Rianclown organizado pola Asociación Virxe do Carme de Rianxo. Máis información
  • 19.30 h – Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. XVI Festival de Corais Arousa-Ulla. Máis información.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.