Mércores con nubes e claros e regresa a choiva

06 Decembro 2022

O mércores iremos quedando baixo a influencia dunha borrasca situada entre os Azores e a península, que nos enviará unha fronte pola noite que entrará polo sur da Comunidade. Así, o día comezará con néboas no interior e con ceos alternando nubes e claros no resto.

Nas derradeiras horas do día, aumentarán as nubes polo sur, con chuvias que se irán movendo cara ao norte durante a madrugada do xoves. As temperaturas permanecerán sen cambios ou con lixeiros descensos. Os ventos soprarán de compoñente leste.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do leste á mañá e á tarde e do leste á noite, forza 1 a 2 á mañá, 1 a 3 á tarde e 3 a 4 á noite. Mar rizado á mañá, mar ovellado á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do sudoeste, con ondas de 0 a 1 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar03:133.5 m
Baixamar09:220.8 m
Preamar15:343.4 m
Baixamar21:340.8 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar03:063.5 m
Baixamar09:150.8 m
Preamar15:243.4 m
Baixamar21:250.9 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar03:103.5 m
Baixamar09:190.8 m
Preamar15:293.4 m
Baixamar21:300.8 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.