A versión teatral de Os nenos da varíola, en Rianxo o día 9 de decembro

05 Decembro 2022

A Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo vai acoller este mes de decembro a versión teatral da novela Os nenos de varíola, de María Solar, un dos grandes fitos da nosa literatura xuvenil recente. A representación virá da man da compañía Pérez & Fernández. Será o venres 9 de decembro ás 21.00 horas. A función está recomendada para un público maior de 8 anos. A entrada é de balde ata completar capacidade, poden retirarse dende unha hora antes na billeteira do Auditorio.A proposta forma parte da segunda edición do Circuíto de Igualdade da Deputación da Coruña.

A versión teatral de Os nenos da varíola é un proxecto escénico de divulgación científica, memoria histórica e de posta en valor dunha muller pioneira esquecida pola historia: Isabel Zendal. Nace nunha familia pobre de solemnidade, nunha aldea do concello de Ordes. Emigra á Coruña onde, sendo nai solteira, traballará de reitora na Casa de Expósitos. En novembro de 1803, como parte do equipo médico da Real Expedición Filantrópica da Vacina, emprende unha viaxe transoceánica de catro anos, que lle dará o creto de ser a primeira enfermeira da historia en misión internacional de saúde pública. Coidaba do único elo imprescindible da REFV: os expósitos que, de brazo a brazo, levaron a América e Asia a primeira vacina coñecida (a da varíola).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.