O Ministerio de Transportes concede catro millóns de euros para Ribeira, Porto do Son e Rianxo

05 Decembro 2022

O Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana confirmou a concesión de tres subvenciones por un importe total que supera os catro millóns de euros destinadas aos concellos de Ribeira, Porto do Son e Rianxo.

Estes fondos, pertencentes ao Pirep (Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos), dedicaranse a actuacións de rehabilitación en edificio públicos. Grazas a unha axuda de 2,8 millóns de euros, a casa do concello de Ribeira transformarase para converterse nun edificio ecoeficiente pioneiro.

O Concello de Rianxo investirá os 978.700 euros que lle corresponden en rehabilitar o Pazo de Martelo, sede da biblioteca municipal; mentres que Porto do Son destinará 241.500 euros á creación dun museo do traxe e un salón de plenos nun inmoble coñecido como Casa Ríos.

Tras a aprobación provisional das axudas, abriuse un período de alegacións que reduciu de 405 a 402 as entidades locais beneficiarias das subvencións.

Os proxectos acollidos a esta liña de axudas terán que estar materializados, como máximo, o 30 de setembro do ano 2024.

Concello

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.