A Deputación da Coruña achega un orzamento de 184 millóns para 2020

18 Novembro 2019

A Deputación da Coruña presentou o seu plan de investimentos para o ano vindeiro, unha folla de ruta marcada pola “flexibilidade” e pola busca de “estabilidade” para todas as administracións implicadas: a propia entidade provincial e mailos concellos. O orzamento, de 184 millóns de euros, representan un 0,22% máis cós do ano pasado. “Un ano máis, todos os investimentos e plans da Deputación financiaranse con recursos propios, mantendo a actual situación de débeda cero”, explicou a institución que preside Valentín González. As contas foron dadas a coñecer polo titular da Deputación e polo vicepresidente Xosé Regueira.

Entre outras cousas, González Formoso destacou na súa intervención a importancia do Plan Único, o principal programa de investimentos da Deputación, que cada ano supera os 90 millóns de euros transferidos directamente aos concellos (en 2019 chega a 100 millóns) mediante criterios de distribución claros e obxectivos.

Pola súa banda, o vicepresidente da Deputación sinalou o exercicio de “responsabilidade política” que significa a aprobación das ditas contas, que “permitirán o funcionamento dos concellos da provincia” e manifestou o seu desexo de que o próximo Goberno estatal permita aos concellos utilizar o superávit, tal como demanda a FEMP. “É o mellor orzamento que pode facer a Deputación neste momento”, dixo Regueira, que coincidiu co presidente na “necesidade urxente de abrir unha negociación coa Xunta para transferir as competencias impropias que está asumindo a Deputación”.

Entre os principais capítulos de investimentos dos Orzamentos 2020 destacan o Plan Único, cunha consignación inicial de 41,2 millóns de euros que se distribuirán con criterios obxectivos entre os concellos coruñeses; os 11,8 millóns que se destinarán á área de acción social da Deputación, que inclúe 7 millóns de euros para a contratación de 280 profesionais dos servizos sociais e de asistencia no fogar dos municipios coruñeses, ou os 10,1 millóns destinados a Cultura, que inclúen máis de 2,5 millóns para a Rede Cultural.

A Deputación consigna tamén 9,1 millóns iniciais para o Plan de Emprego Local 2020 e máis de 18 millóns para os distintos programas de obras, conservación e construción de sendas e mellora de travesías nos máis de 2.100 quilómetros da rede provincial de estradas.

Na área de Promoción Económica, a Deputación reserva máis de 8,1 millóns de euros que se destinarán, entre outras cuestións, ao mantemento dos dez parques do Consorcio Provincial de Bombeiros (3,7 M€), apoio a confrarías de pescadores (463.000 €) ou fomento agrícola e gandeiro (603.000 €)

Outros artigos

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.