“Amencida. ,Vento, forte ondada, incumprimento das normas e un petroleiro embarranca a carón da Torre de Hércules” (e II). Antón Luaces

03 Decembro 2022

As normas vixentes non permitían a entrada ao porto da Coruña en horas nocturnas. Tampouco estaba autorizada a navegación na ría coruñesa de buques de gran porte sen o servizo de practicaxe e a asistencia dos remolcadores. O da Coruña é un porto ao que non se pode acceder con mal tempo. Pero o Aegean Sea chegou á altura da Torre de Hércules sen que saltaran as alarmas porque de noite, con mal tempo, sen prácticos a bordo nen remolcadores que contribuiran á súa seguridade na navegación cara ao pantalán de Repsol situado no fondo da ría, ninguén se ocupou del.

Segundo distintas informacións, o práctico non subiu a bordo do buque petroleiro no punto no que debía facelo. E tampouco estaban onde debían os remolcadores. Foi unha noite cos demos desatados no mar e un grao de incumprimentos máis que evidentes. Tampouco as comunicacións radioeléctricas eran fiables.

Ao igual que Apostolos Mangouras, capitán do Prestige, dez anos dempois, Konstadinos Stavridis, capitán grego do Aegean Sea descoñecía as normas de seguranza  portuaria debido a que, aínda estando vixentes dende 15 anos antes, nunca foran comunicadas -nun grave incumprimento do Goberno español- aos organismos internacionais.

Segundo os profesionais da mariña mercante, este accidente do petroleiro grego Aegean Sea evidenciou que o servizo de practicaxe, e tamén o de remolcadores, non respostaron como debían diante dunha situación na que semellou que a única autoridade ao mando era a compañía Repsol, á que viña fletada a carga do petroleiro grego.

Neste maremágnum incomprensible, o capitán Stavridis foi detido no solpor da tarde daquel 13 de decembro de 1992 acusado de “falta de colaboración coas autoridades e negativa a facilitar información e planos do buque”. Esta acusación nunca se poido demostrar, polo que foi

posteriormente a xurisdición ordinaria a que declarou que, con independencia de que a manobra do buque non fora axustada, o práctico e os remolcadores eran culpables do acontecido por inación e infración das súas obrigas regulamentarias. O práctico e máis o capitán do petroleiro foron condenados ao pagamento de senllas multas de 300.000 pesetas da época (pouco menos de 2.000 euros).

Galicia e os galegos ocupados no marisqueo e a pesca, pagaron caro o suceso tendo en conta o acontecido na mesma zona polo desastre do buque-tanque Urquiola o 12 de maio de 1976, e o que viría en 2002 coa catástrofe do Prestige. Outros sectores produtivos resultaron con graves danos económicos e sociais. O Goberno, en ningún dos casos asumíu responsabilidades, facendo recaer estas nos respectivos capitáns dos navíos: os baixos das Xacentes (que non figuraban debidamente nas cartas marítimas), no caso do Urquiola; a non publicación das normas de seguranza do porto da Coruña, en relación co embarrancamento do Aegean Sea, e o alonxamento da costa após a negativa á súa entrada nun porto refuxio, no que atinxe ao Prestige, estabelecen o grao de irresponsabilidade duns Executivos que se chamaron Andana cando se demandou a responsabilidade que lle competía ao Goberno de turno.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.