As protestas dos ecoloxistas contra as minas de Varilongo e San Finx (Lousame) chegan a Londres

02 Decembro 2022

Ecoloxistas en Acción e London Mining Network levaron esta semana a Londres as súas denuncias contra Pivotal Metals, a empresa propietaria das polémicas minas de Varilongo e San Finx. A empresa, que lanzaba a súa nova marca na convención mineira Mines and Money (traducido ao galego, Minas e Diñeiro), viuse confrontada cunha acción de protesta por activistas de varios países.

No exterior no centro de convencións repartíronse entre os investidores asistentes unha folla explicativa preparada por Ecoloxistas en Acción na que se detallan as infraccións cometidas pola empresa nas minas de Varilongo e San Finx. A protesta decorreu sen incidentes, con forte presenza da policía metropolitana de Londres.

No interior, membros de London Mining Network dirixíronse ao stand de Pivotal Metals, denunciando a situación ante o directivo da empresa mineira Steven Turner.

Segundo explicaron aos medios Ecoloxistas en Acción, “tanto en San Finx como en Varilongo, a falta de dilixencia da empresa concesionaria fixo que se veñan vertendo millóns de metros cúbicas de augas contaminadas con metais pesados aos cusos fluviais próximos, con afección á ría de Noia e ao río Xallas respectivamente”.

Amais, Ecoloxistas en Acción demanda á Xunta “que declare a caducidade das concesión de ambas as dúas minas, e esixa á empresa concesionaria que asuma a restauración ambiental dos pasivos ambientais existentes”. Requiren ademais que “sexan impostas as garantías financeiras necesarias, de modo a evitar a fuga dunha empresa que, na práctica, está controlada por sociedades opacas con sede en paraísos fiscais”.

Lembran tamén que Pivotal Metals é o novo nome de Rafaella Resources, empresa australiana que controla as dúas minas galegas a través de dúas sociedades interpostas. Esta semana lanzou en Londres a súa nova marca buscando, en palabras dos ecoloxistas, “esconder a súa mala prensa e precaria situación económica”. Desde que adquiriu a mina de Varilongo en 2019, a empresa pasou dunha cotización bursátil de 13 céntimos por acción a 2 céntimos este ano.

Máis información: Cristóbal López  637558347, voceiro da Federación galega de Ecoloxistas en Acción

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.