Xoves con sol e temperaturas que soben lixeiramente
30 Novembro 2022
O xoves iremos quedando na influencia dun potente anticiclón europeo. Deste xeito, agárdanse néboas nos vales dos ríos, especialmente o Miño e o Navia, e ceo despexado no resto, con algúns intervalos de nubes baixas na Mariña Lucense. As temperaturas mínimas sufrirán un descenso entre lixeiro a moderado, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará frouxo do leste e nordés, agás no extremo norte, onde acadará intervalos fortes.
Temperatura do aire (°C)
MINMAX 8° 18°
Temperatura da auga (°C)
17°
Índice ultravioleta máx.
1
meteogalicia
O NOSO MAR: Vento do nordés á mañá, do nordés á tarde e do leste á noite, forza 3 a 5 á mañá e 2 a 4 á tarde e á noite. Marusía á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do oeste, con ondas de 3 a 4 metros á mañá, 2 a 3 metros á tarde e 1 a 2 metros á noite.
Este venres 16, Santa Margarida, comezará con bancos de néboa en zonas do interior, ceos cubertos por nubes baixas na franxa norte de Galicia e nubes altas no resto do territorio. A medida que avance a xornada, a nubosidade irá a máis en toda a xeografía galega, dando...
A xornada deste xoves 15, Santa Tereixa, comezará con bancos de néboa e brétemas costeiras que darán paso a ceos despexados, con ventos do norte-noroeste e un lixeiro descenso nas temperaturas máximas. A influencia das altas presións continuará marcando a estabilidade...
A comunidade galega quedará este mércores 14, San Calixto e San Evaristo, baixo a influencia das altas presións e a entrada dunha masa de aire cálido, configurando un escenario xeral de estabilidade meteorolóxica en todo o territorio. O día comezará con bancos de...
A influencia anticiclónica deixará este martes unha xornada maioritariamente seca e despexada tanto en Santiago de Compostela como nas Rías Baixas, á marxe da fronte feble que rozará o litoral norte galego. Aínda que a mañá comezará con bancos de néboa e nubes baixas...
Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...
O "corpus" dos pensionjstas españois está conformado por 10 millóns de beneficiarios con pensións dun promedio xeral de 1.374,57 euros e unha media de 1.576,10 euros ao mes tendo en conta en ambos os casos o total a percibir anualmente, incluídas as pagas...