Boiro acolle este venres un espectáculo teatral para loitar contra o acoso escolar: Ninja, de Ghazafelhos

29 Novembro 2022

A Casa da Cultura de Boiro acolle este venres 2 de decembro a presentación dunha peza para público infantil e familiar: o espectáculo Ninja, de Teatro de Ghazafelhos. Será ás 20.00 horas. As entradas poden adquirirse o mesmo día da función a partir das 19.00 horas.

A obra cóntanos a historia de Amelia, unha nena do rural que vai á escola e á que lle encanta a cultura oriental, o karate, o kung-fu, o jiu-jitsu, as películas de Bruce Lee e de Jackie Chan, e que soña con ser ninja, polo que adestra todos os días para pasar inadvertida e observar aos demais como unha auténtica guerreira oriental… Grazas a esa condición descobre que no cole hai nenos e nenas que tamén queren pasar inadvertidos, pero non para ser ninjas, senón, para que outros nenos e nenas non abusen deles. Coa axuda de Amelia e o señor Edelmiro, un velliño ao que Amelia acode a buscar consello, conseguirán que os nenos inadvertidos se fagan visíbeis e cambien as tornas na escola.

Ninja é unha obra lúdica e pedagóxica onde se trata o tema do acoso escolar. A través dunha historia divertida e chea de frases filosóficas sobre a tolerancia, o respecto, a diversidades, amosa o máis importante para resolver un problema: visualizalo.

Compañía: Ghazafelhos

Xénero: teatro comedia

Autoría e dirección: Pepablo Patinho

Escenografía, deseño de son, deseño de iluminación, vestiario e música: Ghazafelhos

Elenco artístico: Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patinho

Idioma: galego

Idade recomendada: + 5 anos

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.