O Grupo Municipal de Teatro de Ribeira actuou en Rianxo o pasado sábado co espectáculo “O rei Telesforo”

28 Novembro 2022

O Grupo Municipal de Teatro de Ribeira segue coa súa xira do espectáculo “O Rei Telesforo busca noiva (e quere noivo)” por Galicia, e desta volta actuou no auditorio municipal de Rianxo o pasado sábado 26 de novembro ás 20:30 h ante preto dun cento de asistentes, a función foi gratuíta. A actuación está enmarcada na Rede Cultural da Deputación da Coruña para o ano  2022 e ten unha duración de 100 minutos, foi organizada pola Área de Cultura de Rianxo; trátase dunha comedia de época en verso, con 21 persoaxes medievais a cada cal máis excéntrico e gracioso. O texto é colectivo, realizado polo propio grupo e está dirixido por Oscar Romero e Segundo Durán “Chiki” que foi o que ideou toda a posta en escea, música e dramatización. Do vestiario encargóuse Teresa Bretal, de Teresa Confecciones en Ribeira, polo que os traxes son únicos e artesanais. As viaxes e actuacións son coordinadas polo xestor cultural municipal, Unai González Suárez, que tamén forma parte da compañía.

O vindeiro sábado 10 de decembro o GMT de Ribeira volverá a actuar na comarca, neste caso sobre as táboas do Coliseo Noela en Noia, ás 20 h, con entrada gratuíta e patrocinada tamén pola Rede Cultural da Deputación baixo a organización da Concellería de Cultura de Noia.

O grupo proseguirá coa súa xira o ano vindeiro e ten pechadas xa actuacións en Rois, o 11 de febreiro e en Teo o 26 de marzo, ao tempo que está barallando outras vilas e cidades da Coruña e Pontevedra.

O GMT de Ribeira, que pertence á Concellería de Cultura que dirixe Maria Sampedro Fernández, está tamén a preparar a montaxe dun novo espectáculo que non podemos desvelar pero que está previsto para a súa estrea a finais de marzo do vindeiro ano 2023, e incluirá os dous espectáculos na Rede Cultural do ano vindeiro. Por outro lado, a Escola de Teatro Municipal tamén conta con grupo infantil, con 20 participantes de 7 a 12 anos e que están preparando unha peza para poñer en escea no vindeiro mes de xuño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.