Dezaseis estudantes galegos xúntanse en Aguiño ao abeiro da Aula Galega de Saxofón

15 Novembro 2019

O Conservatorio de Aguiño vai estar esta finde no punto de mira dos novos músicos da nosa terra: as instalacións acollerán (a partir deste venres e durante toda a xornada do sábado) o segundo encontro na localidade da duodécima edición da Aula Galega de Saxofón, na que participan dezaseis estudantes procedentes de todos os recantos da xeografía galega.

A actividade, que ten periodicidade mensual e está tutelada polo mestre Rodrigo Vila, non remata o capítulo de novidades coa xuntanza destes días en Aguiño. En decembro, de feito, concorrerá o saxofonista estadounidense Phil Pierick, prestixioso e versátil músico de Chicago.

Os encontros desenvolveranse durante os venres á tarde e os sábados todo o día e nos meses de concerto (decembro, marzo e xuño) a previsión é de que haxa actividade tamén os domingos.

Segundo informan dende o Conservatorio de Ribeira, impulsor da Aula, outra das grandes novidades deste curso é o ciclo de clases maxistrais de piano en decembro, marzo e xuño coas pianistas invitadas da Aula, Neus Estarellas, I-An Chen e Hilomi Sakaguchi respectivamente, todas elas recoñecidas pianistas a nivel internacional.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.