Domingo pasado por auga con choiva intensa nas primeiras horas

26 Novembro 2022

O domingo amenceremos con choivas localmente fortes ao oeste que se irán estendendo cara ó interior ao longo da mañá. Tras o paso da fronte, haberá intervalos de ceo nubrado con chuvascos, máis frecuentes e intensos pola noite no terzo norte. A cota de neve situarase nos 1300 metros na madrugada do luns. As temperaturas nocturnas serán máis suaves que en xornadas anteriores, acadándose as mínimas ao final do día debido á progresiva entrada de aire frío. O vento soprará de compoñente sur, virando a oeste e noroeste tras o paso da fronte, con refachos fortes no litoral e nas zonas altas.

O luns recuperamos o tempo seco ata o mércores.

Temperatura do aire (°C)MINMAX 11° 16°
Temperatura da auga (°C) 17°
Índice ultravioleta máx. 1
meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do sur á mañá e do noroeste á tarde e á noite, forza 5 a 6 á mañá, 3 a 5 á tarde e 4 a 5 á noite.Forte marusía á mañá e á noite e marusía á tarde. Visibilidade mala á mañá, regular á tarde e boa á noite. Mar de fondo do oeste á mañá e noroeste á tarde e á noite, con ondas de 2.5 a 3.5 metros á mañá, 3 a 4 metros á tarde e 4 a 5 metros á noite.

Atención para domingo: Vento sur, forza 7 nos arredores da Costa da Morte durante a madrugada. Mar de fondo do oeste-noroeste en aumento cara ao final do día.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar05:593.8 m
Baixamar12:140.6 m
Preamar18:303.4 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar05:503.7 m
Baixamar12:060.6 m
Preamar18:233.4 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar05:553.7 m
Baixamar12:100.6 m
Preamar18:263.4 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.