López Marqués afondou no Lustres Rivas sobre os Nobel de Literatura en lingua hispana

15 Novembro 2019

O profesor Xabier López Marqués impartiu na tarde de onte unha conferencia no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira sobre tódolos escritores en lingua castelá que foron distinguidos cos premios Nobel de Literatura, tanto os orixinarios de España (José Echegaray, Jacinto Benavente, Juan Ramón Jiménez, Vicente Aleixandre e Camilo José Cela) coma os oriúndos dos distintos países de Latinoamérica (Gabriela Mistral, Miguel Ángel Asturias, Pablo Neruda, Gabriel García Márquez, Octavio Paz e Mario Vargas Llosa).

O coloquio enmarcouse na mostra que, sobre a mesma temática, estivo a ser exhibida durante o mes de outubro na Biblioteca municipal coa fin de dar difusión á súa obra con motivo do trixésimo aniversario da concesión do Nobel ao galego Camilo José Cela.

Outros artigos

Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar

O Concello de Ribeira conmemorou o Día Internacional da Muller no Sector Marítimo rendendo unha homenaxe a tres mulleres extraordinarias que dedicaron as súas vidas a unha profesión fundamental para a nosa comunidade: o marisqueo. O concelleiro de Mar, Fernando...

+

En Ribeira a rapazada de Banda ó Río estrea un novo parque infantil

O barrio ribeirense de Banda ó Río estrea hoxe un parque infantil completamente renovado. O goberno local, xunto cun bo número de veciños e veciñas, puideron comprobar as novas instalacións de xogo. O investimento para actualizar o Parque de Pedra Pateira ascendeu a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión