Incautados máis de 48 quilos de vieira na Pobra

23 Novembro 2022
Garda Civil

Axentes da Garda Civil da Coruña, pertencentes ao Servizo marítimo, incautou 48,15 quilos de vieira na Pobra do Caramiñal.

Os efectivos da Unidade atopábanse na zona realizando un servizo cando viron unha embarcación con permiso para a extracción de navallas, que tamén estaba a facer marisqueo de vieira e nécora.

Os axentes advertiron que o bote estaba a fondear nunha batea e outra embarcación as vieiras que capturara. Despois lanzaba ao mar as nécoras, levando á zona de control só as capturas apra as que tiña autorización.

O persoal da embarcación resistiuse á inspección, polo que a Garda Civil tivo que pedir o apoio dos vixiantes da Confraría da Pobra do Caramiñal para poder recuperar as capturas fondeadas. En total recuperaron 259 pezas, cun peso de 48,15 quilogramos no seu conxunto.
Os axentes procederon á confección das actas de denuncias por exercer o marisqueo sen licenza, obstruir o traballo de inspección e incumprir os horarios establecidos. As vieiras incautadas foron sementadas na zona e a Garda Civil procedeu ao comiso e precintado do barco.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.