Barbanza Golf Pitch & Putt será escenario esta fin de semana da primeira proba do Circuíto de Golf Arousa Norte

15 Novembro 2019

A terceira edición do Circuíto de Golf Arousa Norte arranca esta fin de semana coa proba de apertura, a cal leva o nome de Concello da Pobra do Caramiñal. Así, os participantes poderán escoller entre o venres 15, sábado 16 e domingo 17 para disputar a primeira xornada dunha cita deportiva arraigada en toda a comarca do Barbanza e parte de Galicia.

Un evento agardado por moitos xogadores porque, a diferencia do resto de torneos, este decídese pola regularidade do xogo, sendo os gañadores finais os que máis puntos acaden en tres ou catro das probas do circuíto.

Ademais, está previsto que acudan xogadores de Boiro, Rianxo, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Santiago de Compostela, Ordes, A Coruña, Betanzos e Monforte de Lemos.

As probas disputaranse en fin de semanas alternas, sendo a última xornada o 14 de decembro, día no que tamén se coñecerán os campións, todo isto acompañado dun gran sorteo de regalos e unha degustación de viños.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.