Os fogares pobrenses dispoñen ata o 2 de decembro para se inscribiren no concurso de decoración do Nadal

23 Novembro 2022

O Concello da Pobra lembra que as vivendas da vila que se vistan de Nadal dispoñen ata o día 2 de decembro para se anotaren no Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas. A Concellaría da Promoción Económica, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), aposta polo terceiro ano consecutivo por este certame que busca, nas súas palabras, “incentivar participación da veciñanza na decoración exterior dos seus fogares nunhas datas tan sinaladas”.

Establécese un premio por parroquia consistente nunha gran cesta do Nadal con produto local.

Para anotarse habilítanse as seguintes vías: o correo electrónico turismoecomerciodapobra@gmail.com ou o contacto 981843280, marcando a extensión 2035. Deberase indica-lo nome, o documento de identidade da persoa participante, o enderezo do domicilio e un número de teléfono. Unha vez formalizada a matrícula e engalanadas as vivendas, remitirase polo referido correo electrónico un mínimo de dúas fotografías.

A ornamentación deberá permanecer dende o día 6 de decembro ao 6 de xaneiro, ambos inclusive. A temática terá relación directa co Nadal e os elementos para empregar déixanse á libre elección.

No 23 de decembro darase a coñece-lo ditame do xurado. As bases completas están ao dispor na web municipal www.apobra.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.