O 1 de decembro proxéctase en Rianxo o documental Onde máis doe, que afronta a lacra da violencia vicaria

21 Novembro 2022

Dentro das actividades do 25N, o Concello de Rianxo vai organizar a proxección do documental Onde mais doe, de Xamalú Filmes e dirixido por Manane Rodríguez. Será o 1 de decembro ás 20.00 horas no Auditorio Municipal. Trátase dun audiovisual que afronta a cuestión da violencia vicaria e narra a historia dun home que tras ameazar durante anos a súa ex-parella, asasina a golpes cunha pa a seu fillo de 11 anos.

Un ano despois, un xurado popular condénao por homicidio e determina que o crime contra o menor non buscaba outra cousa que castigar á nai. No feito no que nos baseamos concorren a violencia, o acoso, o asasinato dun fillo para prexudicar á nai e a ameaza de morte que aínda se pende sobre a muller.

Posteriormente crearase un debate moderado por Lola Ferreiro, licenciada en medicina e cirurxía, que participa en diversas equipas de investigación no departamento de psiquiatría e é responsable da formación e a supervisión profesional de técnicas de saúde publica, de asesoras de educación e de mulleres en Galicia, Euskadi, Portugal, Arxentina e Portugal, entre outros.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.