Mofa & Befa porán o broche final ao ciclo teatral do outono pobrense

21 Novembro 2022

Este domingo remata na Pobra, no Teatro Cine Elma, o ciclo teatral artellado para o mes de novembro por parte da Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Mofa & Befa pechará o cartel no domingo 27, ás 19.00 horas, coa peza Pirolíticos. Trátase esencialmente dunha guía con lentes violeta que, seguindo a estrutura de sketchs, pretende reflexionar sobre o impacto do patriarcado nos propios homes, recoñecer a súa posición de privilexio e amosar as contradicións que estas influencias provocan no día a día, pondo o foco en todo o momento sobre un home que simpatiza co feminismo e aspira a vivir en consonancia con el, pero que ten que enfrontar un machismo profundamente arraigado.

O acceso é libre ata completar a cabida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.