“Pechade. Os números non saen”. Antón Luaces

17 Novembro 2022

Aquí non sae ren.

Só saen as contas das hidroeléctricas, das petroleiras, das eólicas e, naturalmente, da banca. Perdón, e as de Inditex e que duren (para que as vendedoras de produtos desta gran empresa pechen as portas da protesta e poidan percibir os salarios que reclaman, amén).

Non, non saen as contas, non sae nada. E é que, en canto asomamos as orellas á fiestra da economía boiante, zas!, ven o virus e converte o escenario COVID nun poleiro que nin Deus con milleiros de mortos e un Trump e un Bosé que negan -xunto a moitos outros- que a vacina sexa unha solución ao problema. Menos mal que nen sequera eles -Trump e Bosé- finaron, que se non ía ser a de Deus é Cristo neste país de cada día menos crentes.

Abaixo as persianas, as portas fechadas, as ilusións perdidas

Tendas de 60 e máis anos de vida, tabernas e bares de “toda a vida”, negocios de compra e venda de coches, obradoiros nos que todo tiña solución… Todo polo mar abaixo e disque é por culpa do Goberno (sen especificar cal dos gobernos: os de Adolfo Suárez González, Leopoldo Calvo Sotelo, Felipe González Márquez, José María Aznar López, José Luis Rodríguez Zapatero, Mariano Rajoy Brey ou Pedro Sánchez Pérez-Castejón). Outros, en Galicia, culpan á Xunta, pero non  din se a de Fernández Albor, a de Gonzálex Laxe, a de Fraga Iribarne, a de Pérez Touriño, a de Núñez Feijoo ou a de Rueda Valenzuela.

E cando semellaba que o da COVID-19 ía amañarse, vai Putin e mete a Rusia e a Ucraína nun sendeus  entreles, que leva ao mundo enteiro a tremer de medo porque alguén faga funcionar o chavín vermello a vaia o mundo enteiro a tomar polo saco.

Nestas andamos, cos prezos disparados e tratando de coñecer que outras subas se van producir a máis a da autoestrada Ferrol-Vigo que, disque, o Goberno vai aprobar de inmediato.

Franco depreciaba a peseta e era un ditador. En democracia e no seo da UE non vale deprezar: péchanse os negocios. Así se amaña a cousa; sempre pagan os outros.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.