Trasladan a unha persoa que resultou ferida mentres estaba a cortar leña en Boiro

11 Novembro 2022

Os Bombeiros de Boiro, coa axuda de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, encargáronse de evacuar ao accidentado, que se atopaba nunha finca á que non podía acceder a ambulancia.

Un particular alertou ao 112 Galicia, ás 17:30 horas desta tarde, de que unha persoa resultara ferida nunha perna mentres cortaba leña, ao caerlle unha póla enriba, nunha finca do lugar de Triñáns (Boiro). Inmediatamente, desde o 112 solicitouse a colaboración dos servizos sanitarios, da Garda Civil e dos Bombeiros e Protección Civil de Boiro.

Así, unha vez no punto, os efectivos dos Bombeiros e o persoal dos servizos sanitarios encargáronse da evacuación do ferido ata o lugar no que esperaba a ambulancia.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...