A partir desta noite, alerta vermella no mar

13 Novembro 2019

Aviso a quen traballe ou estea a partir desta noite no mar ou preto do mar: a Xunta vai activar, a partir de mañá, o aviso de alerta vermella para boa parte do litoral galego (as provincias da Coruña e Pontevedra). O aviso achegado pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior abrangue tamén a costa dos concellos de Barbanza, onde se poden acadar (nas zonas de mar máis aberto principalmente) ondas de até 10 metros e vento (oeste-noroeste) que pode chegar a ser de forza 9.

No interior hai aviso laranxa por neve, situándose a cota arredor dos 800 metros. O temporal vén desencadeado por unha borrasca que vai entrar a primeiras horas desta tarde, deixándose sentir xa na costa da Coruña.

A Dirección xeral explica que debido a que o fenómeno meteorolóxico coincide con mareas vivas e máximos de ondaxe na preamar é probábel que teña especial incidencia en “puntos sensibles”, na Costa da Morte e nas Rías Baixas. A situación manterase ata o remate da xornada deste xoves, que pasará a ter alerta laranxa para todo o litoral galego.

Por mor do temporal, aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como “medida preventiva naquelas zonas máis perigosas”. Unha recomendación que é extensíbel á pesca deportiva e a outras actividades deportivas no mar. A Dirección Xeral tamén insta a extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera outro tipo de actividade no mar e que “se revisen os cabos e amarres das embarcacións”. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...