“E de repente sabes que pasaron 20 anos, e que todo foi mentira” (III). Antón Luaces

10 Novembro 2022

O 14 de novembro de 2002 chegaban os primeiros comechóns aos corpos dos integrantes do gabinete de crise.

Mentres uns ían de caza e pesca (o presidente da Xunta por unha banda e o ministro de Fomento pola outra) cando o que se requería era estar “a pé de obra” en Galicia, outros comezaban a calibrar os probables efectos do que podería pasar no mar galego se o “Prestige” convertía en catástrofe mariña o que daquela era o anuncio dun problema de verquido de crú que non correspondía específicamente solucionar á Xunta de Galicia.

En febreiro de 2001 unha Orde poñía en vigor en España o Plan Nacional de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental. A preocupación internacional, polos accidentes  de petroleiros que verteran importantes cantidades de hidrocarburos no mar con efectos desastrosos para o ecosistema mariño da zona costeira afectada (lembremos o acontecido co accidente do “Torrey Canyon” na costa francesa e do “Exxon Valdez” na de Alaska) fixo que se adoptaran medidas de prevención e loita contra a contaminación modificadas e perfeccionadas posteriormente en base aos avances tecnolóxicos e as experiencias gañadas noutros accidentes máis recentes como o do “Aegean Sea” na costa da Coruña ou o do “Erika” na costa da Bretaña francesa. O devandito Plan Nacional de servizos especiais de salvamento da vida humana no mar e da loita contra a contaminación do medio mariño aprobado xa polo Goberno en xaneiro de 1998, contemplaba

a resposta que en equipos e medios debían adicarse á prevención e loita contra a contaminación, establecendo asimesmo as bases dende onde se empregarían estes medios en caso de sucesos de contaminación como o que, previsiblemente, se lle viña enriba á Comunidade galega.

Pero no contou en absoluto para a Dirección Xeral da Mariña Mercante (cuxo máximo responsable, José Luis López-Sors, se desprazou á A Coruña dende Madrid, nin para o Ministerio de Fomento (do que se responsabilizaba Francisco Álvarez Cascos, moi afeccionado á pesca de río xusto no tempo da desgraza marítima), malia quedar meridianamente claro que para que as operacións de descontaminación comezaran canto antes e do xeito máis eficaz posible era (e é) necesario coordinar os esforzos e os medios das distintas entidades públicas e privadas que deben intervir, sobre todo nos casos nos que a contaminación chegue á costa (como evidentemente chegou).

Non se sabia en Madrid, ignorábase en Galicia, descoñecía o gabinete de crise a existenza deste Plan que recollía que “os factores tempo e organización son de primordial importancia á hora de afrontar con posibilidades de éxito a loita contra da contaminación producida”?.

O factor tempo está íntimamente ligado coa organización á hora de tomar decisións sobre a utilización de distintos medios nas operacións de contención, recuperación e limpeza dun verquido, o que fai cavilar en que fixo ese gabinete de crise. A maiores, a Organización Marítima Internacional (OMI) organismo de Nacións Unidas que se encarga dos temas relacionados coa seguranza marítima, a eficiencia da navegación  e a prevención e contención da contaminación do mar ocasionada polos buques,  xa tiña editado un “Manual de Loita Contra da Contaminación” no que se explicitan tanto aspectos operativos como organizativos a poñer en marcha na aplicación dos Plans de Continxencia. Tiña España este Plan cando, vai 20 anos, se produciu a catástrofe do “Prestige”. Sen dúbida. Mais, non teño a constatación de que, dende un principio, o tan citado gabinete de crise o aplicara.

O día 14, o “Prestige” estaba a tan só 4 millas da costa de Muxía. Foi cando máis forza se fixo pola dirección da Mariña Mercante -sen dúbida influenciada polo ministro Álvarez Cascos- en alonxar o barco “ata o quinto pino”. Nunca se barallou conducilo a, por exemplo, o seo da ría de Corcubión, unha especie de dársena na que, como quería Apostolos Mangouras, capitán do petroleiro, podía realizarse o trasvase do fuel ou practicar un arranxo de emerxencia que permitise ao buque navegar ata un lugar (porto de refuxio) no que solucionar o problema que lle afectaba e que, a día de hoxe, aínda  non se pode concluir cal foi.

Ao quinto pino, avións que bombardearan o petroleiro ou un navío da Armada que o agfuindira a cañonazos eran as saída que se barallaban. Ata que alguén propuso a peregrina idea de levalo cara ao Norte e posteriormente ao Sur, ata que Francia e Inglaterra, máis Irlanda, por unha banda, e Portugal pola outra, dixeron a España que o problema era seu e que eran quen tiña que solucionalo, sem implicar a outros Estados.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.