A Xuntanza do Maior de Ribeira regresou á Fieiteira tras dous anos de pandemia

06 Novembro 2022

Había moitas gañas entre os participantes e, despois de dous anos sen poder celebrala por mor do covid, o Encontro das Persoas Maiores regresou hoxe domingo ao Complexo da Fieiteira con preto dun milleiro de persoas asistentes que quixeron compartir en confraternidade este xornada de domingo.
O evento estivo precedido dunha misa solemne ao mediodía no templo parroquial de Santa Uxía, oficiada polo cura Alfonso Mera e que contou coa intervención da Coral Polifónica Municipal de Ribeira.
Xa a partir da unha e cuarto abríronse as portas do recinto polideporttivo para acoller aos comensarais, que recibiron a benvida do alcalde Manuel Ruiz.

Durante a súa intervención, Ruiz Rivas puxo en valor o traballo da conselleira de Política Social na Xunta (a ribeirense Fabiola García, que non puido acudir hoxe por estar de baixa por maternidade), quen posibilitou a creación dunha Aula do Maior en Aguiño, un Punto de Encontro Familiar no Touro ou a futura Residencia da Terceira Idade, ademais de incrementar o número de horas de atención no fogar ou conquerir a gratuidade das escolas infantís municipais. O rexedor ribeirense tamén manifestou que as persoas maiores do municipio merecían esta homenaxe como un agradecemento a todo o que teñen traballado e loitado non só para a súa familia e senón tamén para mellorar o pobo. “Seguides sendo o faro e o valor principal de todas as persoas que veñen detrás”, declarou.

No nome da Consellería de Política Social compareceu o director xerente do Consorcio dos Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, quen expresou un recordo a aquelas persoas que perderon a vida durante a pandemia, pero tamén tivo palabras de recoñecemento a quen contribuíu a facer a vida máis fácil naquela etapa: persoal sanitario, persoal de seguridade, traballadores sociais e nas residencias… Perfecto Rodríguez manifestou o compromiso da Xunta de Galicia de seguir traballando a prol das persoas maiores.

Tamén dirixiu unhas palabras á concorrencia a concelleira de Servizos Sociais, Ana Barreiro, quen de recordar que todo un programa do seu departamento está enfocado na dinamización social e cultural das persoas maiores, desexoulles unha boa xornada.
Despois do xantar tivo lugar un sorteo de obsequios entre os asistentes por cortesía das empresas Frinsa e Congalsa, antes de dar paso a un baile amenizado pola artista Mar Davila.
Entre outras autoridades estiveron na xuntanza o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo; os patróns maiores de Ribeira e Aguiño; o comandante do EVA 10 Roberto Ruiz Rumbo, o cura párroco Alfonso Mera, os presidentes da Asociación de Empresarios, Ambar e Amas de Casa, o xefe da Policía Local, representantes da Corporación Municipal, etc.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.