Palmeira celebrará o seu San Xoán durante dous días

21 Xuño 2019

20190621. A parroquia ribeirense de Palmeira festexará durante dous días o seu coñecido San Xoán. O sábado, 22 de xuño, o Planet Discomovil encargarase de poñerlle música á noite, colaborando os bares da parroquia. O domingo, 23 de xuño, a partir das 20.30 horas celebrarase a tradicional sardiñada na Porta da Eira con pan de millo e viño do país, amenizada pola charanga O Santiaguiño de Padrón e o grupo de gaitas do país. Ás 00.00 horas terá lugar o acendido das fogueiras e ás 00.30 horas volverá Planet Discomovil para poñer á xente a bailar.

Organizan a comisión de festas de Palmeira 2019, Concello de Ribeira e a Concellería de Cultura e Festexos, atopándose esta celebración enmarcada no Xuño da Cultura e as Artes.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.