Inicio do proceso de captación de participantes no proxecto Agro da Pobra

03 Novembro 2022

O proxecto de aproveitamento de excedentes Agro da Pobra vai collendo cada vez máis forma. A iniciativa posta en marcha pola Concellaría da Promoción Económica, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), dá un paso máis co inicio do proceso de captación de persoas participantes, tanto
daquelas que desexen estar na parte da venda coma da compra.
Por iso, no 8 de novembro, ás 19.00 horas, realizarase no Coworking unha xuntanza informativa coa cal dar a coñece-la evolución na formalización da asociación e a estrutura de comercialización dos excedentes.
O encontro contará coa participación de persoas asistentes ás xornadas formativas desenvolvidas ao abeiro deste proxecto, ademais de todas aquelas que estean interesadas en coñecer máis sobre el. Non se require a inscrición previa.
Entre os obxectivos figuran pór en valor a produción agrícola das pequenas explotacións do concello; fomenta-lo consumo de alimentos de calidade e de proximidade (quilómetro 0); xerar actividade económica a partir dos produtos de tempada; dinamiza-lo comercio local, neste caso, a través dunha plataforma dixital; fomenta-la actividade agraria; e promover un estilo de vida saudable e sostible.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.