Este mércores 2 celébrase en Aguiño unha charla sobre demencia e sobre como tratala no noso día a día

31 Outubro 2022

A Casa da Cultura Manuel Ayaso de Aguiño acolle este mércores, 2 de novembro, ás 17.00 horas a charla Entendendo a demencia, impartida pola neuróloga Clara Domínguez e organizada por AGADEA Alzhéimer de Ribeira.

Ten como obxectivo adestrar ás persoas participantes nas ferramentas para facer fronte aos coidados específicos de persoas que padecen alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, así como ofrecerlles as claves para entender esta doenza. Está destinado a persoas que no seu día a día conviven con persoas con demencia, xa sexan persoas coidadoras formais ou informais e a cidadanía en xeral. A asistencia é gratuíta. Deben apuntarse no teléfono 672 705 053.

Outros artigos

A Casa da Xuventude abrirá tódolos venres a partir do 24 de maio

O Concello de Ribeira confirmou que a Casa da Xuventude abrirá o vindeiro venres 24 de maio para a prestación de espazos a actividades e obradoiros; co propósito de “satisfacer as necesidades e aspiracións da mocidade do termo municipal”. Segundo anunciou a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Arcilla, no fango”. Alberto Barciela

“Arcilla, no fango”. Alberto Barciela

La vida es un acto individual que hemos de compartir necesariamente si queremos otorgarle sentido, una lógica. Seguir en soledad sería retroceder, asumir una vida sin sentido, sin convivencia, sin participación. Lo sensato es encontrar un hueco en la zona de consenso....