Ribeira convoca a formación dunha bolsa de emprego para a contratación dun enfermeiro para a UAD

29 Outubro 2022

O vindeiro luns abrirá o período de presentación de instancias con motivo da oferta de emprego público consistente na formación dunha bolsa de emprego para a contratación dun enfermeiro ou enfermeira para Unidade Asistencial a Drogodependencias de Ribeira, en previsión da xubilación da persoa titular do posto.
O contrato formalizarase baixo a modalidade contractual de interinidade por vacante e durará ata que finalice o proceso de selección para a súa cobertura definitiva, co límite máximo de tres anos en aplicación da normativa. Os servizos prestaranse a xornada completa, de luns a venres, en horario que se distribuirá segundo as necesidades e organización do servizo.
O prazo para a presentación de instancias estará aberto ata o día 14 de novembro (incluído).
Máis información na páxina web do Concello:
https://www.ribeira.gal/es/tabl%C3%B3n-de-anuncios/- /asset_publisher/e68fDEVIe6E7/content/id/254913

UAD Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.