En Ribeira o Consello de Pesca recibiu a comparecencia de Antonio Basanta para abordar os efectos da prohibición da pesca de fondo no sector

28 Outubro 2022

A casa consistorial de Ribeira serviu de escenario a unha sesión extraordinaria do Consello
Sectorial de Pesca, convocada con motivo da comparecencia do director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta.
A principal da razón da convocatoria reside en escoitar de boca do propio sector como está a incidir a entrada en vigor do regulamento que prohíbe a pesca de fondo en 87 zonas do Atlántico e os problemas que están a encarar. Así mesmo, o director xeral comunicoulles os pasos que se están a dar dende a Consellería do Mar para abordar este asunto.
No transcurso da visita tratáronse outras cuestions relacionadas cos portos e a actividade pesqueira no municipio ribeirense. Así mesmo, aínda que non era o obxecto da convocatoria, saíu a relucir a
preocupación existente en canto ás posibles prohibicións no acceso á illa de Rúa ou a práctica de pesca deportiva: un asunto sobre o que o alcalde manifestou que ten prevista unha reunión coa directora xeral
de Patrimonio Natural.
Na xuntanza, que estivo presidida polo alcalde Manuel Ruiz, participaron representantes das cofradías de Ribeira, Aguiño e Palmeira, da Asociación do Cerco de Ribeira e Aguiño, da Cooperativa do Mar Santa Uxía, de todos os grupos municipais e dos sindicatos CCOO e UGT.

Outros artigos

O Concello de Rianxo convoca o Concilia Nadal 2026-2027

O Concello de Rianxo convocou a edición 2026-2027 do Concilia Nadal, un servizo de apoio á conciliación da vida familiar e laboral das familias do concello, cun programa de actividades socioeducativas, deportivas e de tempo libre. As actividades desenvolveranse do 22...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...