O grupo boirense de música antiga Menestreis actúa en Rianxo o día 5 de novembro

27 Outubro 2022

O sábado 5 de novembro o grupo de música antiga Menestreis achégase ao Auditorio de Rianxo para ofrecer un concerto baixo o título Cantigas quer’eu nembrar.

A proposta forma parte da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

O Grupo de Música Antiga Menestreis foi fundado en Boiro (A Coruña) en setembro de 2005 por Xosé Ramón España Lorenzo. O seu principal obxectivo é, nas súas palabras, “a interpretación e a difusión da música medieval, renacentista e do primeiro barroco, utilizando réplicas de instrumentos da época”.

En 2008 o grupo constitúese en Asociación Musical e Cultural. Posteriormente foi recoñecida como Asociación de interese Social e integrouse na rede de Asociacións do Concello de Boiro.

​​​​​​​

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.