A Pobra acolleu un simulacro de rescate de animais mariños

24 Outubro 2022

Persoal especializado da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) impartiu no 23 de outubro un simulacro de rescate de tartarugas e mamíferos mariños na Pobra do Caramiñal. Por mor da chuvia, a actividade trasladouse á Casa Mariñeira.

Organizada pola Concellaría do Medio Ambiente, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), a dita acción tiña como finalidade instruír ao público asistente sobre como actuar ante un animal varado, mostrar as especies que se poden ver nesta situación e as características das tartarugas, lobos mariños e cetáceos.

Ademais, a CEMMA fixo entrega dunha padiola á Protección Civil da localidade para o traslado das especies animais mariñas xa referidas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.