“Morto o MipCat, aí o ven un futuro de corredor verde” – Antón Luaces

24 Outubro 2022

Non se trata de apuntarse tantos políticos. Nin sequera de saber exactamente o grao de entendemento entre os máximos dirixentes da UE e o presidente español, Pedro Sánchez, este obxectivo de todas as críticas emanadas da oposición en territorio español.

É, exclusivamente, a necesidade de expor un feito constatable dende vai meses e que, nos últimos días se ten evidenciado: España, Portugal e Francia xa deron o primeiro paso cara ao desenvolvemento dun denominado “corredor verde” que permita unha interconexión enerxética na vella Europa, unha das moitas repercusións, aquí, do que Rusia e Ucraína están a provocar entre ambos os países e, de rebote, o grao de implicación -por proximidade en moitos sentidos- do resto de Estados europeos. Polo medio, o temor a unhas aínda máis graves consecuencias das xa moi graves acadadas en parte do continente tan afeita historicamente a guerras e invasións.

O Corredor Verde de Enerxía -de rexistro colateral a esta situación de guerra non declarada oficialmente- ten liña directa coa conversión de España nun “hub” (concentrador que permite centralizar diferentes operacións) enerxético  con altas capacidades para producir enerxías renovables. O obxectivo é xerar hidróxeno verde que será posible canalizar ao resto da Unión Europea.

É, fundamentalmente, un proxecto de interese común para a UE e a interconexión será esencial para acadar o incremento do uso e integración de enerxías renovables, millorar  as condicións de fiabilidade e reforzar a garantía de subministración eléctrica no territorio. Son esenciais asemade as enerxías renovables para combater o cambio climático e facilitar o acceso á electricidade a millóns de persoas que no mundo  aínda carecen desta.

É certo é que as enerxías renovables teñen vantaxes medioambientais e sociais, unha vez que se desbotan posibilidades de futuro para os combustibles fósiles  non renovables, coma o petróleo. Son un factor transversal no desenvolvemento da economía e o benestar social, que contribúen globalmente ao desenvolvemento sustentable, mais tamén é  certo que a falta de cultura de transición e aproveitamento, a carencia de metodoloxías  para a administración de riscos, a rexeración  de modelos que procuran o investimento, ou a falta de estruturas de financiamento, legais e institucionais que promovan proxectos nesa liña, son atrancos sen resolver que,  necesariamente, deberían  ser superados de vez.

Malia todo, semella críble a posibilidade de que o crecemento dese tipo de enerxías -crecemento que atopa dificultades tanto en terra coma no mar, en Galicia- contribúe positivamente ao Produto Interior Bruto e ás contribucións do Estado.

Seremos quen de velo?

Outros artigos

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.