O Concello de Rianxo programa un obradoiro emocional sobre a rabia e como xestionala

24 Outubro 2022

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Diversidade do Concello de Rianxo, organiza catro obradoiros emocionais de autoaxuda e autocontrol sobre A rabia, como facer que sentila non me mago, impartidos por Baia Fernández.

Trátase, en palabras do Concello, de “obradoiros dinámicos, participativos e vivenciais onde se poderá explorar a través das tres vías de aprendizaxe: mental, emocional e física, buscando así a integración da emoción na súa versión máis funcional e sa”.

Celebraranse os xoves do mes de novembro, de 17:30 a 19:30, no Auditorio de Rianxo. Estas actividades están orientadas a persoas maiores de 16 anos. Para realizar a inscrición as persoas interesadas terán que poñerse en contacto con igualdade@concelloderianxo.gal ou os teléfonos 981860061-981972731. Tamén é posíbel enviar unha comunicación ao Whatsapp 604024012.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.