En Ribeira aumenta nun 66% as axudas aos clubs (até acadar os 150.000 euros)

21 Outubro 2022

A xunta de Goberno local do Concello de Ribeira vén de aprobar esta semana á convocatoria de subvencións a clubs deportivos do 2002 coa finalidade da organización de actividades e a participación en competicións federadas.

A partida correspondente rexistrou un incremento do 66,6%, pasando dos 90.000 repartidos o ano pasado a un total de 150.000 euros no presente exercicio.

De acordo coas bases de regulación, a contía máxima por club será como norma xeral de 15.000 €, salvo excepcións puntuais. Os criterios de valoración contemplan as viaxes realizadas por cada club, os gastos federativos, os gastos de asistencia a competicións, outros gastos de funcionamento, o número de fichas, así como o número de adestradores titulados.

Este xoves 20 de outubro celebrouse no Centro Cultural Lustres Rivas, por iniciativa da Concellería de Deportes, unha reunión informativa destes aspectos, con asistencia dunha vintena de clubs.

O prazo para a solicitude destas subvencións é dun mes contado a partir de que se publiquen as bases no Boletín Oficial da Provincia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.