Normalización Lingúística de Ribeira organiza un curso preparatorio para as probas CELGA

19 Outubro 2022

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira pon en marcha un curso de lingua galega dirixido ás persoas que se van presentar ás probas CELGA da Xunta de Galicia. O CELGA, para que non o saiba, é o sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas.

Este curso é gratuíto e en horario de tarde, de 19 a 21 h, e a condición única para asistir é ter máis de 16 anos. Desde este xoves 19 de outubro e ata o 1 de decembro estará en marcha a formación, e todas as persoas que teñan interese en asistir poderán inscribirse ata o 1 de novembro enviando un correo electrónico a normalizacion@ribeira.gal.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.