O Consello de Ministros da UE outorga máis pescada sur á frota española

17 Outubro 2022

Antón Luaces.- A frota pesqueira española poderá capturar no que resta deste ano 4.022 toneladas de pescada sur sobre as 4.899 que tiña asignadas inicialmente, o que significa un aumento do 84%. Este incremento baséase no acordo do regulamento  do total admisible de capturas (TAC) e cotas acadado este luns en Luxemburgo polo Consello de Ministros de Agricultura e Pesca da Unión Europea.

Para o ministro español de Pesca, Luis Planas, este acordo é “moi significativo e tremendamente importante para Españpa”, porque “responde a unha petición do noso país en base aos informes científicos que avalan a suficiente disponibilidade de existencias desta especie“.

O incremento de cota bweneficia a 1.200 embarcacións pesqueiras españolas con base en portos, principalmente, do Atlántico, Cantábrico e Golfo de Cádiz, e na súa maioría ao arrastre, volanta, palangre de fondo e artes menores.

Este incremento ven de producirse grazas á insistencia de España en revisar a regra de explotación desta especie , que permitirá reclasificala en categoría 1, incrementando deste xeito o seu TAC dentro dos niveis de rendementos máximos sostibles. Tal decisión permite ao mesmo tempo reverter a tendenza  dos últimos 8 anos con descensos continuados dos TAC adoptados. Fai dous anos, a Comisión  Internacional para a Exploración do Mar (ICES)  decidiu degradar a categoría da avaliación da pescada sur á categoría 3 e adoptar un enfoque precautorio. Esto supuxo unha adopción  do TAC moi limitado nos anos 2021 e 2022 que cortaron as posibilildades de pesca da frota española.

A obxección de España baseóuse en que, na súa opinión, o stock atopábase en bo estado biolóxico,  o que permitiría seguir faenando. Agora, os informes científicos do ICES dan a razón a España. Dende aquela, o ministerio traballou xunto co IEO para formular un modelo alternativo a ICES que permitirá recuperar a categoría do recurso pesqueiro e sair do enfoque  precautorio que propiciaba  un TAC máis limitado.

Este modelo foi presentado e aprobado en xuño  último, e propiciou que o ICES revisara a súa recomendación para a pescada sur.

No mesmo Consello de Ministros, España amosóuse partidaria de incrementar a cota de atún roxo na vindeira reunión da ICCAT a celebrar en novembro vencellada á elaboración dun regulamento de control.

Outros artigos

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.