O PSOE de Ribeira propón impulsar o potencial turístico do monte Tahume cun miradoiro e coa mellora dos accesos

17 Outubro 2022

O PSOE de Ribeira, a través do seu concelleiro-portavoz José Manuel Vilas, presentou unha proposta para ser debatida en pleno relativa ao miradoiro do monte Tahume, entre a parroquia de Olveira (Ribeira) e a de San Pedro de Muro-Seráns (Porto do Son).

Segundo lembra a agrupación, o 22 de setembro a Xunta de Galicia deu luz verde ao Plan Turístico de
Ribeira, un proxecto ambicioso para ser un referente do turismo sustentábel en Galicia e que permitirá, segundo recordan, “materializar obras e proxectos substanciais e requiridos, como a posta en valor do Peirao da Cobasa, da Casa dos Barreras no Castro, do Lavadoiro de Pinisqueira, dos muíños do río Saíñas e da senda litoral do municipio, ou a creación do Museo do Mar e da Pesca interactivo”. O PSOE entende que para culminar este plan “bótase en falta a posta en valor doutro miradoiro, como punto de interpretación da paisaxe e o entorno supramunicipal”. E engaden: “Se ben contamos ca Pedra da Ra como referente de miradoiro cunhas vistas extraordinarias; non é menos certo que a atalaia do monte Tahume florece como outra das marabillas da zona, cunha espectacular paisaxe do cabo e as dunas de Corrubedo, e da ría de Muros/Noia”.

O PSOE de Ribeira lembra que o cumio do Tahume ofrece unha impresionante panorámica de 360 graos dende unha altura duns 249 metros sobre o nivel do mar, con vistas ao océano Atlántico e abranguendo dende Fisterra até a illa de Sálvora, cubrindo a serra do Barbanza, Couso, o monte Grallade, e máis diversos accidentes xeográficos, como as praias das Furnas, Espiñeirido, Balieiros,
A Ladeira ou O Vilar. O grupo destaca que se pode chegar ao miradoiro a pé, en bicicleta ou en coche, contando cun pequeno aparcamento nas inmediacións e unha cruz metálica na súa parte máis alta. No entorno tamén está emprazada a estación remota de Salvamento Marítimo.

Respecto dos accesos, o PSOE recorda que a ruta principal de subida comeza en Novás, na estrada DP-7103, mediante un camiño veciñal asfaltado, sinuoso, e estreito, “cun derradeiro tramo empinado e en mal estado de conservación”. Porén, engaden, “hai outras dúas vías pavimentadas que partindo da mesma vía da Deputación chegan ao miradoiro dende o lugar de Seráns pasando pola Capela de San Bieito”. Tamén dende Olveira-A Cochariza contamos con pistas forestais para chegar a dito monte Tahume.

Puntos da proposta

1.- Que polos departamentos correspondentes dos Concellos, e contando co asesoramento da experta municipal de Turismo, e coas aportacións e datos técnicos pertinentes, sexa elaborado un estudio/proxecto técnico dun miradoiro no monte Tahume; coas obras necesarias e considerando
a colocación dunha plataforma para realizar un miradoiro artificial.

3.- Facultar ao alcalde para facer as xestións pertinentes co Concello de Porto do Son, para garantir a efectividade da actuación, e compromiso para acondicionar e implementar a vía de acceso cunha nova capa de rodaxe.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.