Máis de 800 inscritos para a andaina “Boiro, en marcha contra o cancro” que se celebra o vindeiro 23 de outubro

13 Outubro 2022


O Concello de Boiro colabora coa entidade local da Asociación Española conta o Cancro na organización da andaina “Boiro, en marcha contra o cancro” que terá lugar o vindeiro 23 de outubro de 2022. Esta mañá celebrouse unha Xunta de Seguridade para coordinar o desenvolvemento da proba que conta xa con máis de 800 persoas inscritas.
O percorrido será duns 5 quilómetros, cunha dificultade baixa para que poidan participar persoas de todas as idades. A proba solidaria sairá ás 11.00 horas da Praza de Galicia cara o Camiño Real; pasará polo núcleo da Boliña e pasará polo percorrido novo do paseo do río Breiro, recorrendo todo o paseo ata enlazar co paseo marítimo; percorrerá todo o paseo marítimo ata Praia Xardín, onde percorrerá o un tramo do paseo do río Coroño ata o coído e volverá ao centro urbano pola rúa Corrillo e Cruceiro ata chegar novamente á Praza de Galicia.
Para o desenvolvemento da proba, ademais da colaboración de Protección Civil, Policía Local e Guardia Civil, contarase con persoas voluntarias da Asociación e do grupo de voluntariado xuvenil Turbina que estarán nos puntos de avituallamento situados na Praza de Galicia e no Paseo Marítimo.
As inscricións están aínda abertas e poden facerse nas mesas que a Asociación contra o Cancro de Boiro coloca na rúa peonil todos os martes e xoves, na Farmacia Ortopedia Ana Torrente, na Galería Sargadelos, en Modas Naty e na Oficina de Turismo de Boiro. O prezo da inscrición é de 5 euros adultos e 3 euros nenos. Ademais, están á venda as camisetas da andaina nas mesas da Asociación que estará na rúa peonil tamén este venres 14 de outubro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...