O Centro cultural Lustres Rivas exhibe 35 fotografías de José Luís Rodriguez Ruza a través da mostra “Xanelas”

11 Outubro 2022


Un total de 35 fotografías dixitais compoñen a exposición “Xanelas”, de José Luis Rodríguez Ruza, que dende esta mañá pode ser visitada no Centro Cultural Lustres Rivas logo da súa inauguración nun acto que estivo presidido pola concelleira de Cultura María Sampedro con participación do propio autor, nacido en Guadalaxara en 1952 e residente dende o 2015 na localidade barbanzana de Portosín.
Ademais de expresar ao agradecemento aos responsables e técnicos municipais involucrados na organización da mostra, Rodríguez Ruza comentou a magnífica acollida que se dispensou na comarca cando se afincou aquí e resaltou o papel de deixar voar a imaxinación á hora de mirar unha fotografía.
A concelleira María Sampedro animou á veciñanza a acudir ao Lustres Rivas e recrearse nesta exposición.
As instantáneas están tomadas entre 2020 e 2022 cunha cámara Fujifilm X-100F na que a ventá, fiestra ou xanela cobra un papel protagonista.
Rodríguez Ruza ten exhibido a súa obra en varias exposicións colectivas en Madrid nos anos oitenta e, máis recentemente, no Real Club Náutico de Portosín, xa de forma individual na Casa de Cultura
de Outes, na Casa de Cultura de Porto do Son ou na Casa de Cultura de Valga.
“Xanelas” pode ser visitada ata o 12 de novembro, de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 horas. A entrada é gratuíta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.